miércoles, 29 de junio de 2016
Viaxe a Guimarães. Jorge Blanco
Na viaxe que fixemos a Guimarães eu paseino moi ben fomos a moitos lugares. Á Citania de Briteiros, que un antiguo castro da época romana que era para a defensa do pobo. A continuación visitamos o Mosteiro de Souto de San Salvador, que é un mosteiro que fai bastantes anos foi restaurado polo pobo. Despois fomos ao Monte da Penha, no que subemos ata él en teleférico, nel atopábase unha Igrexa e uns campos moi bonitos. Despois visitamos o Centro de Ciencia Viva, no que vimos moitas cousas de ciencia de última xeneración. E este foi o primeiro día, co que rematamos indo á pousada a dormir. Ao día seguinte visitamos o Castelo de Guimarães e o Paço dos Duques de Bragança. Até ahí foi a nosa visita a Guimarães, foi unha gran experiencia para nós e esperamos facer máis viaxes así.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario