miércoles, 29 de junio de 2016

Viaxe a Guimarães. Jorge Blanco

Na viaxe que fixemos a Guimarães eu paseino moi ben fomos a moitos lugares. Á Citania de Briteiros, que un antiguo castro da época romana que era para a defensa do pobo. A continuación visitamos o Mosteiro de Souto de San Salvador, que é un mosteiro que fai bastantes anos foi restaurado polo pobo. Despois fomos ao Monte da Penha, no que subemos ata él en teleférico, nel atopábase unha Igrexa e uns campos moi bonitos. Despois visitamos o Centro de Ciencia Viva, no que vimos moitas cousas de ciencia de última xeneración. E este foi o primeiro día, co que rematamos indo á pousada a dormir. Ao día seguinte visitamos o Castelo de Guimarães e o Paço dos Duques de Bragança. Até ahí foi a nosa visita a Guimarães, foi unha gran experiencia para nós e esperamos facer máis viaxes así.

Traballo de Bioloxía e Xeoloxía do grupo 4A

 En relación o bloque  de contidos da programación de 3º ESO, chamado “O relevo terrestre e a súa evolución”, os alumnos de 3º A realizaron unha presentación sobre a Paisaxe do noso contorno, centrándose na importancia dos axentes xeolóxicos que actúan, o clima, a litoloxía e a intervención humana. O traballo realizouse en grupos, a través da aula virtual do centro empregando principalmente como fonte de búsqueda de información o libro Pagus do Proxecto Terra.O enlace dun dos traballos é a seguinte:

https://drive.google.com/file/d/0B1Ynstc8hopYSlExT2x2VnJ1ZTQ/view?usp=sharing

martes, 28 de junio de 2016

VÍDEO PROXECTO TERRA


Con esta actividade organizada e coordinada pola materia de xeografía e historia, coa colaboración do resto do profesorado do proxecto e os alumn@s de 3º ESO, pretendemos chegar á conclusión de que Galicia e o norte de Portugal contan cun pasado e cultura comúns. Intentamos que os propi@s alumn@s , a través do contacto coa información que acadasen na aula, e a observada in situ, apreciasen que as culturas non están separadas por fronteiras políticas. Ademais, serviría de complemento idóneo a súa visita a Guimaraes.

Traballo Bioloxía e Xeoloxía grupo 2A

En relación o bloque  de contidos da programación de 3º ESO, chamado “O relevo terrestre e a súa evolución”, os alumnos de 3º A realizaron unha presentación sobre a Paisaxe do noso contorno, centrándose na importancia dos axentes xeolóxicos que actúan, o clima, a litoloxía e a intervención humana. O traballo realizouse en grupos, a través da aula virtual do centro empregando principalmente como fonte de búsqueda de información o libro Pagus do Proxecto Terra.O enlace dun dos traballos é a seguinte:
https://drive.google.com/file/d/0B1Ynstc8hopYdXZTclhTeWhOSXc/view?usp=sharing

VIAXE A GUIMARAES. ÁREA DE REHABILITACIÓN DE COUROS. PAÇO DOS DUQUES DE BRAGANÇA E CASTELO.

O segundo día realizamos unha visita ao casco histórico de Guimaraes, onde participamos nunha actividade en grupo


Rematamos esta viaxe no Paço dos Duques de Bragança e o Castelo.






VIAXE A GUIMARAES. CENTRO DE CIENCIA VIVA E POUSADA DA JUVENTUDE.

Para finalizar o día acudimos ao Centro de Ciencia Viva, situado no barrio de Couros e moi próximo á Pousada da Juventude, onde durmimos.





Chegamos á Pousada da Juventude.

VIAXE A GUIMARAES. SUBIDA EN TELEFÉRICO AO MONTE DA PENHA.

A continuación subimos no teleférico ao Monte da Penha.






VIAXE A GUIMARAES. MOSTEIRO DE SOUTO SAN SALVADOR.

O primeiro día, despois de xantar, tamén visitamos o Mosteiro de Souto San Salvador, rehabilitado polo pobo.




VIAXE A GUIMARAES. CITANIA DE BRITEIROS

O primeiro día visitamos  a Citania de Briteiros acompañados polos arqueólogos. Un dos xacementos prerromanos mellor conservado do norte de Portugal.