domingo, 24 de enero de 2016



 IDENTIDADE TERRITORIAL                     

Un ano máis, os alumnos e alumnas de 3º ESO, xunto cun grupo de profesoras, botamos a andar coa interesante proposta que nos fai  o Proxecto Terra , esta vez sobre a nosa IDENTIDADE TERRITORIAL.
Reflexionaremos sobre todo aquilo que fai que o noso territorio, incluíndo a actual Galicia e o norte de Portugal, sexa relativamente  homoxéneo e bastante diferenciado ao resto da Península Ibérica. Analizaremos tamén  a importancia que ten unha respectuosa actuación sobre o territorio para garantir o dereito que teñen tamén as vindeiras xeracións  a disfrutar do noso patrimonio material e inmaterial.
E, como non, tamén o noso concello estará presente, pois Narón conta cunha riqueza natural,  histórica, arquitectónica e cultural que merece ser coñecida, valorada e respectada por todos e todas nós.

Así, neste blog iremos compartindo as nosas impresións, descubertas, actividades, etc  que vaiamos tendo polo camiño, un camino que terá como meta a visita á  “Cidade Berço” de Portugal, Guimaraes.