domingo, 22 de mayo de 2016




Toda a Citania estaba chea de alcornoques cunhas texturas impresionantes, tanto como as formigas xigantes que camiñaban por eles...








PAGUS. Fotografamos o noso entorno

"Paisaxe é calquera parte do territorio tal como a percibe a poboación, cuxo carácter sexa o resultado da acción e da interacción de factores naturais e/ ou humanos." Convenio europeo da paisaxe, ano 2000.

Nas línguas románicas, familia a que o galego pertence a palabra paisaxe é unha evolución da voz latina PAGUS, tal e como sucede coa paisagem portuguesa. PAGUS tiña un significado equivalente ás actuais palabras galegas `campo´ ou `terra´.

Unha paisaxe non é so o que percibimos a través dos ollos. Aínda que o ser humano percibe a través da vista case o 90% da información do medio que o rodea, o resto dos sentidos, o oído, o olfacto, o tacto... actívanse para sentir e interiorizar a paraxe presente. As sensacións que percibimos a través dos nosos sentidos forman parte da compoñente subxectiva da paisaxe, xa que toda paisaxe é un mundo de cores, ulidos, formas, sons, texturas...

Os alumnos de 3º saímos a fotografar o noso concello tentando retratar todos estos matices, aquí vos amosamos o noso punto de vista sobre o traballo que no medio facemos entre todos...