domingo, 19 de junio de 2016

Crónica: Viaxe a Lugo

O pasado día 3 de maio, os alumnos de 3º ESO do IES Terra de Trasancos, vivimos unha experiencia, para a maioría, inolvidable. Foi un día de aventuras baixo o sol, nun sitio tan bonito e histórico como Lugo.


Era ben cedo cando o bus nos recolleu pola mañá. Aínda ía frío e resultou agradable encontrarse nun novo e cálido vehículo.


Despois da viaxe, chegamos ao noso primeiro destino do día: o Museo Provincial de Lugo.
Alí tivemos unha divertida competición entre catro equipos. Esta consistiu basicamente en demostrar que tiñamos lido o libro Contos no museo e que éramos áxiles buscando pistas por alí, enchendo cada equipo o seu formulario. Houbo un empate de acertos, pero o tempo desbloqueou todo. Ademais, puidemos contemplar obras mestras relacionadas co mundo castrexo e outros moitos temas.


Tras isto, visitamos a Catedral. Tivemos a oportunidade de observar unhas estructuras impresionantes e preciosas figuras relixiosas.


Xa vistos o Museo e a Catedral, quedábanos un dos lugares que ten unha gran importancia na cidade. Esa construción que vai máis alá da simple enxeñería e que marca territorio.
Si, é o que pensas, o noso destino era a muralla romana de Lugo: unha antiga construción e, á vez fundamental, na cultura e o turismo lucenses. Demos unha longa caminata ( en concreto de 2.266 m ), pero sen dúbida o esforzo valeu a pena.


Era xa a hora de xantar e tivemos algo máis de hora e media pra ir a un restaurante ou tomar o noso bocadillo. Tamén houbo tempo para disfrutar da magnífica “Praza Maior” e pasear un pouquiño co xeado na man.


A nosa última parada foi o Castro de Viladonga. Antes de velo, estivemos nun pequeno museo no que disfrutamos dun interesante documental e observamos todo tipo de obxectos.
Despois chegamos ao castro. Os cúmulos de pedra formando liñas curvas revelaban unha importante parte da historia da nosa terra.
Finalmente, o bus veu por nós, e así, levándonos de volta, deu fin a unha das mellores excursións que polo menos eu tiven na vida e, sobre todo, unha das máis produtivas e divertidas.


Un pracer ter ido.


Saúdos


Juanma Roca Fernández 3º B

No hay comentarios:

Publicar un comentario