O pasado xoves 26 de maio fun con o meu instituto a Guimaraes . O que máis me gustou de alí foi a Citania de Briteiros , guiada por un arqueólogo estupendo.
A Citania sitúase no Monte Sao Romao, preto do río Ave, e na parroquia de Briteiros, no concello portugués de Guimaraes . A Citania creouse na idade do ferro no 1000 a.C e abandonouse durante a ocupación romana de Braga.
O principal impulsor das excavación e posta en valor da Citania foi Martins Sarmento. O ano das últimas excavacións foi o 1923, aínda que se seguen facendo pequenas excavacións por estudantes da universidade de Braga.
Aínda que na súa orixe as calzadas da citania eran dereitas e xa circulaban por elas carros de bois, co tempo fóronse volvendo irregulares. Tamén tiña rúas perpendiculares para transportar auga.
As vivendas, inicialmente circulares, pasaron a ser rectangulares na época da romanización.
Está rodeada de catro murallas de diferente tamaño que tiñan como principal función a defesiva e a protección dos animais domésticos. As actividades eran moi diversas (gandería , agricultura,metalúrxica… ) e desenvolvíanse nas zonas baixas.
Os romanos chamaban Galaicos os pobos desta parte da península e a provincia que os agrupaba era Gallaecia. Esta provincia estaba dividida en tres conventos chamados: Bracarense , Lucense e Asturicense, que se corresponden coas cidades de Braga, Astorga e Lugo.
Preto da Citania de Briteiros hai outro castro chamado Castro de Sabroso. As súa pricipal semellanza é que os dous pertencen á idade dos metais e están fortificados. Pola contra, o de Sabroso é máis pequeno e está máis romanizado.
Manu García (3º A)
No hay comentarios:
Publicar un comentario