jueves, 25 de agosto de 2016

Viaxe a Guimarães. Sandra López 3A

No mes de maio os alumnos de terceiro da ESO fixemos una viaxe a Guimarães, Portugal. Primeiro visitamos a Citánia de Briteiros que é un castro da antiga época romana:



O seguinte sitio que visitamos foi o mosteiro de Souto de San Salvador que foi restaurado fai un tempo polo pobo:

Despois subimos en teleférico ao monte da Pena onde había una igrexa:


Acto seguido visitamos o Centro de Ciencia Viva, onde fixemos una serie de actividades relacionadas coa ciencia.
Fíxose de noite e durmimos nunha hospedaxe que era un bungaló.
O seguinte día, era o último e aproveitamos para visitar o castelo de Guimarães e o pazo dos duques de Bragança:


Foi unha experiencia moi gratificante xa que estivemos todos xuntos en convivencia e iso foi importante para min. Tamen gustoume moito subir no teleférico porque había unhas vistas preciosas, ademáis nunca subira nun. Espero poder realizar máis actividades en conxunto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario