FOTOS DE SONIDOS
lunes, 5 de septiembre de 2016
viernes, 2 de septiembre de 2016
Saída a Lugo
Neste curso 2015-2016 fixemos varias saídas a cidades como Lugo ou Guimaraes. Saídas dirixidas polas nosas profesoras do Proxecto Terra, persoalmente a miña preferida foi a saída a Lugo.
Na viaxe a Lugo saímos cedo para ver en primeiro lugar o Museo Provenzal de Lugo no que fixemos unhas cantas actividades grupais. As actividades baseábanse en completar unha serie de preguntas axudándonos das distintas exposicións do museo e dunha serie de relatos leídos anteriormente na clase.
Aínda que non o vimos cabe destacar que no museo atopábanse famosas obras como "A escola de Doloriñas".
Despois disto dimos unha volta ao longo da muralla de Lugo antes de dispoñer do noso tempo de lecer para almorzar e falar entre nós.
A continuación visitamos o castro de Viladonga, onde visitamos outro museo referente á vida nos castros antigamente onde completamos unhas preguntas.
Para finalizar botamos unha camiñata ao redor do castro mentres recitábamos uns poemas.
O primeiro día visitamos a Citania De Briteiros que era unha localidade arqueolóxica portuguesa da Idade de Ferro.A continuación fomos a o mosteiro do souto de Sao Salvador.Deseguido subimos o Monte da Penha a través dun teleférico.Despois fomos a o Museo Da Ciencia Viva no que experimentamos as tecnoloxías avanzadas.Para finalizar nos intalamos na pousada e ,pola noite, dimos un paseo por Guimarães. Ao dia seguinte visitamos o castelo e o Paço dos Duques de Bragança.Deronnos tempo libre e marchamos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


























