martes, 14 de junio de 2016

Citania de Briteiros (grupo 1)



 Estas imaxes son da Citania de Briteiros, aquí podese ver as vistas que hai e o que usaban na antigüedade como balneario.

Igrexa de Santa María de Castro

 
 Grupo de Cristina Freire, Manuel García, Yago Iglesias y Marta Martínez.
Esta fotografía é da igrexa de Santa María de Castro (Narón). A igrexa é de estilo neogótico, do século XX.

miércoles, 8 de junio de 2016

PAZO DOS DUQUES


Unha visita a un pazo da cidade máis antiga de Portugal


Nestas imáxenes vemos algunas das zonas do pazo


GUIMARAES UNHA CIDADE CON HISTORIA




Plano da cidade de GUIMARAES, onde pasamos un par de días moi especiais

IGREXA DE SAN MATEO


NESTA IMAXE PODEMOS VER AS CAMPÁS DA IGREXA DE SAN MATEO.

Grupo 1 (Nerea Armada,Sandra López,Antón Queipo,Diego Rico)

 Citania de Briteiros:
Esta foto foi realizada na saída do proxecto a Guimaraes, foi unha visita moi interesante, nela aprendimos como contruíanse os castros prerromanos na antigüedade...

domingo, 22 de mayo de 2016




Toda a Citania estaba chea de alcornoques cunhas texturas impresionantes, tanto como as formigas xigantes que camiñaban por eles...








PAGUS. Fotografamos o noso entorno

"Paisaxe é calquera parte do territorio tal como a percibe a poboación, cuxo carácter sexa o resultado da acción e da interacción de factores naturais e/ ou humanos." Convenio europeo da paisaxe, ano 2000.

Nas línguas románicas, familia a que o galego pertence a palabra paisaxe é unha evolución da voz latina PAGUS, tal e como sucede coa paisagem portuguesa. PAGUS tiña un significado equivalente ás actuais palabras galegas `campo´ ou `terra´.

Unha paisaxe non é so o que percibimos a través dos ollos. Aínda que o ser humano percibe a través da vista case o 90% da información do medio que o rodea, o resto dos sentidos, o oído, o olfacto, o tacto... actívanse para sentir e interiorizar a paraxe presente. As sensacións que percibimos a través dos nosos sentidos forman parte da compoñente subxectiva da paisaxe, xa que toda paisaxe é un mundo de cores, ulidos, formas, sons, texturas...

Os alumnos de 3º saímos a fotografar o noso concello tentando retratar todos estos matices, aquí vos amosamos o noso punto de vista sobre o traballo que no medio facemos entre todos...