Mostrando entradas con la etiqueta PRESENTACIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PRESENTACIÓN. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de junio de 2016

VÍDEO PROXECTO TERRA


Con esta actividade organizada e coordinada pola materia de xeografía e historia, coa colaboración do resto do profesorado do proxecto e os alumn@s de 3º ESO, pretendemos chegar á conclusión de que Galicia e o norte de Portugal contan cun pasado e cultura comúns. Intentamos que os propi@s alumn@s , a través do contacto coa información que acadasen na aula, e a observada in situ, apreciasen que as culturas non están separadas por fronteiras políticas. Ademais, serviría de complemento idóneo a súa visita a Guimaraes.

domingo, 24 de enero de 2016



 IDENTIDADE TERRITORIAL                     

Un ano máis, os alumnos e alumnas de 3º ESO, xunto cun grupo de profesoras, botamos a andar coa interesante proposta que nos fai  o Proxecto Terra , esta vez sobre a nosa IDENTIDADE TERRITORIAL.
Reflexionaremos sobre todo aquilo que fai que o noso territorio, incluíndo a actual Galicia e o norte de Portugal, sexa relativamente  homoxéneo e bastante diferenciado ao resto da Península Ibérica. Analizaremos tamén  a importancia que ten unha respectuosa actuación sobre o territorio para garantir o dereito que teñen tamén as vindeiras xeracións  a disfrutar do noso patrimonio material e inmaterial.
E, como non, tamén o noso concello estará presente, pois Narón conta cunha riqueza natural,  histórica, arquitectónica e cultural que merece ser coñecida, valorada e respectada por todos e todas nós.

Así, neste blog iremos compartindo as nosas impresións, descubertas, actividades, etc  que vaiamos tendo polo camiño, un camino que terá como meta a visita á  “Cidade Berço” de Portugal, Guimaraes.